Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2023 | Actualizada ás 17:17
Todo o territorio galego estará durante gran parte deste sábado en aviso amarelo ante a previsión de fortes treboadas que afectarán ás catro provincias. Así figura no boletín de avisos de Meteogalicia, ente dependente da Consellería de Medio Ambiente e que tamén mantén un aviso durante a madrugada do sábado para as provincias da Coruña e Pontevedra por precipitacións.
Deste xeito, a totalidade da Comunidade galega estará en alerta media por treboadas desde as 12.00 horas ata a medianoite, cando o aviso quedará desactivado. De face á xornada do domingo espérase que as treboadas caian concentradas na provincia de Lugo, onde haberá de novo un aviso amarelo entre as 15.00 e as 21.00 horas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.