Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2023 | Actualizada ás 18:42
A Xunta de Galicia acaba de pór en marcha o proceso para a contratación da creación artística dun espectáculo de danza e artes do movemento de gran formato. Será en réxime de coprodución co Centro Coreográfico Galego, segundo informa a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, que destina 60.000 euros para a execución deste contrato.
Sobre o mesmo, o departamento autonómico explica que os seus obxectivos "entroncan" coas liñas estratéxicas definidas no seu Plan Integral para a Danza de Galicia. En concreto, a licitación que a Axencia Galega das Industrias Culturais publicou hoxe na plataforma de Contratos de Galicia busca, entre outras cuestións, ampliar o campo de acción do Centro Coreográfico.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.