Santiago comprométese a convocar o Consello Escolar Municipal e constata incidencias en transporte e comedor na Sionlla

Máis de 16.000 nenos iniciaron o curso escolar en Santiago de Compostela, que rexistrou incidencias no transporte, coa chegada de varios autobuses "tarde", e o servizo de comedor do CEIP da Sionlla.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2023 | Actualizada ás 16:29

Comparte esta noticia

Máis de 16.000 nenos iniciaron o curso escolar en Santiago de Compostela, que rexistrou incidencias no transporte (coa chegada de varios autobuses "tarde") e o servizo de comedor do CEIP da Sionlla. Así se puxo de manifesto durante a visita que, con motivo do inicio do curso, realizaron a alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín, e a edila de Educación, Miriam Louzao, ao CEIP Quiroga Palacios e á Escola de Educación Infantil do Gaioso, acompañadas por membros das directivas dos centros e das Anpas.

Este luns arrincan tamén os servizos de comedor e madrugadores que ofrece o Concello compostelán, aínda que no foco púxose durante a visita nos problemas rexistrados co servizo de comedor na Sionlla, onde se urxiu á Consellería de Educación a atopar "unha solución", posto que a falta de "colaboradores voluntarios" impide que haxa servizo, con 160 escolares afectados.

No arranque do inicio do curso, o goberno local comprometeuse coas Anpas a convocar o Consello Escolar Municipal "canto antes", posto que o considera moi necesario. O obxectivo é, se é posible, que a reunión se produza antes de final de ano. No transcurso da visita, a alcaldesa desexou un bo curso a todos os membros da comunidade educativa, mentres que a concelleira Miriam Louzao destacou o investimento de 320.000 euros que o Concello fixo este verán no plan de mantemento e pequenas obras nos centros, "todas elas finalizadas xa".

PARCELA DE PELETEIRO

Sobre os contactos coa Sareb en relación ao futuro da parcela do antigo colexio Peleteiro e as críticas dos portavoces do resto de grupos por carecer de información, a alcaldesa reafirmouse en que polo momento continúan as reunións, "xa de traballo máis técnico", e informarase, dixo, "cando sexa oportuno". "De momento seguimos traballando sobre este asunto e no momento no que haxa algunha novidade, comunicarémola", limitouse a manifestar, a pesar da insistencia dos xornalistas.

CASA DAS MÁQUINAS

En canto aos usos da 'Casa das Máquinas', e ás peticións concretas postas encima da mesa por colectivos do barrio de Galeras ou do CEIP Raíña Fabiola (relativas ao seu uso como salón de actos ou para actividades do centr)-, respondeu que hai varias propostas encima da mesa con distinta procedencia, e que, unha vez que haxa unha decisión pechada, tamén se fará pública. "Non son as únicas peticións, xa digo. Hai unhas cantas encima da mesa porque hai moita falta de espazos en Santiago para colectivos, asociacións ou colexios", admitiu.

Visita ao CEIP Quiroga Palacios
Visita ao CEIP Quiroga Palacios | Fonte: CONCELLO DE SANTIAGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta