O inicio do curso escolar en Galicia transcorre con normalidade e con incidencias de "escasa relevancia"

Este luns arrincou o curso para máis de 225.000 alumnos de todos os niveis educativos de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2023 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

Este luns arrincou o curso para máis de 225.000 alumnos de todos os niveis educativos de Galicia e transcorreu con normalidade e con incidencias de "escasa relevancia".

Así o explicaron fontes da Consellería de Educación que sinalaron que, en liñas xerais, non se produciu ningunha incidencia e as acontenidas, todas elas "de escasa relevancia" solucionáronse "sen que tivesen maior afectación na xornada lectiva.

Con todo, en Santiago, onde máis de 16.000 nenos iniciaron o curso escolar, as incidencias pasaron pola chegada de varios autobuses tarde e no servizo de comedor do CEIP da Sionlla.

Desta forma manifestouno durante a visita que, con motivo do inicio do curso, realizaron a alcaldesa da capital galega, Goretti Sanmartín, e a edila de Educación, Miriam Louzao, ao CEIP Quiroga Palacios e á Escola de Educación Infantil do Gaioso, acompañadas por membros das directivas dos centros e das Anpas.

Durante esta xornada, tamén arrincaron os servizos de comedor e madrugadores que ofrece o Concello compostelán, aínda que no foco puxéronse os problemas rexistrados co servizo de comedor na Sionlla, onde se urxiu á Consellería de Educación a atopar "unha solución", posto que a falta de "colaboradores voluntarios" impide que haxa servizo, con 160 escolares afectados.

Comeza a volta ao colexio
Comeza a volta ao colexio | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta