A sétima edición do Eco Rallye A Coruña visitará 16 municipios da provincia nunha proba que comeza este vierne

Conta cunha etapa con oito tramos especiais, chegando a 300 quilómetros, dos que 200 son de regularidade non cronometrada. Os municipios polos que pasa son Arteixo, Aranga, Abegondo, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Coirós, Culleredo, Curtis, Laracha, Oleiros, Oza-Cesuras, Sobrado, Vilasantar e A Coruña.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/09/2023 | Actualizada ás 20:02

Comparte esta noticia

A sétima edición do Eco Rallye A Coruña visitará 16 municipios da provincia nunha proba que comeza o venres e que foi presentada este martes. No acto participaron o deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira; o presidente da Real Federación Española de Automobilismo, Manuel Aviñó; o presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño e o director de carreira, Alberto González, entre outros.

Leira destacou "o carácter sustentable da proba, apostando por un tipo de carreiras que teñan en consideración o medio ambiente". Pola súa banda, o delegado provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Roberto García, resaltou que "este tipo de probas son tamén un referente social porque transmiten os valores do deporte a través do motor".

O director de carreira, Alberto González, subliñou "o total control que ofrecemos desde a dirección de carreira, permitindo que os coches estean en todo momento controlados por GPS e desa forma non se desvíen do trazado". A competición, que arrinca este venres, desenvolverase ao longo do fin de semana, visitando 16 concellos da provincia. Conta cunha etapa con oito tramos especiais, chegando a 300 quilómetros, dos que 200 son de regularidade non cronometrada.

Os municipios polos que pasa son Arteixo, Aranga, Abegondo, Cambre, Carballo, Carral, Cerceda, Coirós, Culleredo, Curtis, Laracha, Oleiros, Oza-Cesuras, Sobrado, Vilasantar e A Coruña.

Unha patrulla da Garda Civil de Tráfico en labores de control durante o 54 Rallye de Ourense
Unha patrulla da Garda Civil de Tráfico en labores de control durante o 54 Rallye de Ourense | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Peixeiro

E logo non tiñades unha foto de alguhas edicions anteriores do eco rallye? Poñer unha foto da garda civil non ten moito sentido e menos si e dun rallye de velocidade.