Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/09/2023 | Actualizada ás 17:57
O artista Berio Molina Quiroga, natural de Fonsagrada, é o gañador do XVIII Certame de Arte 'Isaac Díaz Pardo' da Deputación da Coruña coa súa obra 'erre melón'.
O xurado, segundo informa a institución provincial, escolleu por unanimidade a obra do artista lucense de entre as finalistas, que foron seleccionadas do total das presentadas a esta nova edición do certame.
Trátase dunha peza en vídeo na que se investiga sobre a linguaxe e os problemas de comunicación no mundo actual, "introducíndose nos procesos de aprendizaxe da linguaxe e da incapacidade da sociedade para dar cabida ás formas de comunicación que se sitúan fóra do normativizado".
O tribunal destacou o traballo dun creador "único" no panorama galego e tamén a nivel estatal. Ademais, resaltou a súa "coherencia, singularidade e capacidade de adaptación" á hora de traballar en diferentes contextos e procesos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.