Filgueira Valverde

Xosé Filgueira Valverde, a quen conmemoramos no vindeiro Día das Letras Galegas, é unha figura cultural de primeira orde que sería, con xustiza, o orgulo de calquera país europeo. As súas achegas a diversas ponlas da nosa cultura son dun valor innegábel. Malia que, quizais, sexa responsábel por omisión de ter agachado Castelao no Museo de Pontevedra, a pesares de contar con tanta obra do noso Daniel.

Por X.A. Pérez-Lema | A Coruña | 11/05/2015

Comparte esta noticia
Canto ao seu labor político, Filgueira foi fídel ao seu conservadurismo fundando Dereita Galeguista no 1935. Un partido que podería ter desenvolvido un rol fundamental na República para atraer aos sectores católicos do País, ao xeito da Uniò catalá do mártir Carrasco Formiguera. De feito, o abraiante trunfo do Si e máis a alta participación do referéndum do Estatuto galego do 28 de xuño do 1936 quizais non se poida entender sen a colaboración da Dereita Galeguista, que mesmo chegou neutralizar o pulo centralista doutras dereitas.
 
Agora ben, o que si resulta incompatíbel con todos os parámetros éticos da democracia europea é a súa participación activa no franquismo, chegando ser alcalde de Pontevedra e procurador nas Cortes da Ditadura nos 50 e 60 do século pasado. Porque esta actuación non constituía esixencia ningunha do seu conservadurismo nin da súa catolicidade e si unha plena integración consciente no aparello institucional dun Réxime ilexítimo e opresor, baseado na prolongación da loita civil e na liquidación ou invisibilización do inimigo. Abondan os exemplos de milleiros de persoas que, dende os supostos parámetros ideolóxicos de Filgueira, rexeitaron cargos no franquismo. Tolerarmos eticamente  a súa participación política canda o xeneral Franco é incríbel dende a óptica de calquera europeo demócrata.
 
Podemos, pois, recoñecer os grandísimos méritos culturais do pontevedrés e a súa achega sobranceira ao noso acervo cultural. E mesmo conmemoralos sen restricións. Mais sen esquecer que, canda Heidegger, Carl Schmitt ou Marinetti, o seu activismo político durante o franquismo é incompatíbel coa ética democrática e non terá perdón de Deus por moito tempo que pase.        

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xoán Antón Pérez Lema Licenciado en Dereito e graduado en Administración de Empresas. Leva exercendo a avogacía máis de vinte anos e dirixe o seu propio despacho n’A Coruña, con nomeada adicación ao Dereito Administrativo e Mercantil . Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados coruñés e da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigio. Arestora imparte a docencia no primeiro programa de asesoría xurídica de empresa que se desenvolve en Galicia, no Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE).Publicou varios traballos sobre temática xurídica. Foi xefe de gabinete do Conselleiro da Presidencia Pablo González Mariñas, sendo Presidente Fernando González Laxe e secretario xeral de Relacións Institucionais na Vicepresidencia da Xunta ás ordes de Anxo Quintana (2007-2009). Fpoi asesor xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1997) e tivo unha intensa actividade na defensa penal de obxectores e insumisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio. Colaborador da Radio Galega e da TVG e de varios xornais, revistas e emisoras de Radio e TV galegas.