Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2023 | Actualizada ás 16:46
A eurodeputada do BNG Ana Miranda, denunciou que os acordos comerciais da Unión Europea con América Latina "prexudican a Galicia". Fíxoo durante a súa participación nas xornadas 'Por unha economía global, xusta e sustentable' nas que manifestou a súa preocupación por estes acordos comerciais.
Deles, dixo que "prexudican" aos pequenos e medianos produtores galegos. Ademais, considerou que o eixo dos acordos debe ser a protección dos dereitos humanos e o medio ambiente.
A eurodeputada do BNG explicou que, na actualidade, a UE está a piques de concluír un acordo de libre comercio coa rexión do Mercosur, á vez que trata de actualizar os seus acordos comerciais con Chile e México.
Ao seu xuízo, estes acordos "esquecen potenciar o desenvolvemento sustentable" xa que benefician, na súa opinión, de maneira desproporcionada ás grandes empresas agroalimentarias de América Latina e impoñen normas máis estritas aos agricultores da UE.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.