Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2023 | Actualizada ás 18:18
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) recoñeceu a un xubilado o complemento de maternidade, mesmo con outro beneficiario, segundo informa Unive Avogados, do que era cliente. O fallo desestima o recurso interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e confirma "o seu dereito a recibir o complemento por maternidade na súa pensión desde o 15 de maio de 2019, data de inicio da súa xubilación".
Do mesmo, destaca tamén que "a pesar da oposición do INSS, que argumentaba que a súa esposa xa recibía este complemento, o tribunal fallou a favor do demandante". O cliente recuperará unha cantidade aproximada de 4.855 euros por retroactividade total, calculada desde a data de acceso á pensión ata a data de efectos recoñecida pola sentenza de instancia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.