Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/09/2023 | Actualizada ás 15:03
O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), José María Gómez e Díaz-Castroverde alertou de que só unha "pequena parte" da violencia machista chega aos xulgados galegos. Ademais, apelou á urxencia de renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) ante unha situación "insustentable".
"Só o esforzo e a vontade persoal e diaria de quenes ocupan os xulgados e tribunais leva a evitar que a cidadanía, destinataria final do servizo público da Xustiza, sufra continuamente as consecuencias deste dislate", apostilou. Fíxoo na apertura, na sede do alto tribunal galego, do Ano Xudicial con presenza, entre outras autoridades, do fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes; o vicepresidente segundo e conselleiro de Xustiza, Diego Calvo; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey.
No seu discurso, e como en anos anteriores, volveu a incidir nos casos de violencia machista. E é que o presidente do TSXG alertou que só unha "pequena parte" chega aos xulgados polo que avogou por unha "fronte contra os malos tratos". "España é hoxe un país máis consciente e menos tolerante co machismo grazas á valentía de quenes denunciaron conductas que ata hai pouco eran asumidas con normalidade", subliñou.
MENORES
Ademais, dixo que "dos 85 axuizados en 2022 nas audiencias provinciais por delitos contra a liberdade sexual, o 89 por cento tiña relación coas vítimas, a maioría menores e do seu círculo familiar". Non entanto, asegurou que en Galicia "a violencia oculta diminúe" xa que no primeiro trimestre deste ano o número de denuncias aumentou un 3 % e o ano pasado un 12 por cento.
Por outra banda, a nivel organizativo, afirmou que o obxectivo é contar con xulgados exclusivos de violencia de xénero nas sete principais cidades de Galicia, e non só na Coruña e Vigo. Tamén incidiu na importancia de reducir os tempos de resposta aos asuntos xudiciais, especialmente os vinculados a este ámbito.
FISCALÍA PIDE INVESTIMENTO
Mentres, o fiscal superior de Galicia reclamou un Pacto de Estado para a Xustiza que non só busque "o consenso en determinadas cuestións puntuais", senón que tamén, e sobre todo, leve un incremento considerable do orzamento". "Nalgún momento, algún goberno debe dar o paso definitivo para cambiar a dinámica que existe desde hai xa tempo que é de extrema contención do investimento en Xustiza", recalcou Suanzes, quen citou unha nova Lei de Enxuizamento Criminal e a asunción da instrución polo Ministerio Fiscal como "obxectivos inaprazables".
Xa no ámbito dos delitos, alertou dos casos de delincuencia informática, especialmentede as estafas neste aumento; da seguridade viaria, cun aumento do 11 por cento dos delitos vinculados á mesma ou o incremento dos casos vinculados á corrupción económica e social, dun 23 por cento. Xunto a iso, demandou medidas para reducir a sinistralidade laboral, ao tempo en que incidiu que a violencia machista "segue sendo unha prioridade" para a Fiscalía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.