O anuncio do Executivo prodúcese despois de que esta mesma semana un total de 135 xuíces de violencia sobre a muller advertisen de que a Lei Orgánica de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza vai provocar un "colapso total" dos seus xulgados, ao ter que asumir os procesos sobre os delitos contra a liberdade sexual aínda que non exista un vínculo matrimonial ou análogo entre o agresor e a vítima.
  comenta   0
Din que a nova normativa "supón un salto cualitativo e cuantitativo no ámbito da competencia obxectiva e subxectiva duns Xulgados xa de seu saturados".
  comenta   0
A xustiza española xa considera agresión esta práctica sexual se se fai sen consentimento e utilizando o engano. As vítimas experimentan ansiedade, depresión, tensión e desconfianza, xa que pode derivar en ITS ou en embarazo.
  comenta   0
Leva máis de 30 anos como xinecólogo, e más de 15 traballando no centro de planificación familiar do CHUVI e asegura que a día de hoxe poden ofertar ás mulleres o DIU hormonal, alternativa ao DIU de cobra como método anticonceptivo de longa duración, grazas que "é o propio servizo de farmacia do centro o que asume o seu custe".
  comenta   0
En 1999 Jesús Pedreira foi apuñalado por un grupo de entre sete e dez adolescentes pola súa orientación sexual. Anos máis tarde, no 2010, Iago acabou co nariz e os dous brazos rotos por atoparse no lugar coa súa parella, onde o agrediu un grupo de entre 15 e 20 mozos.
  comenta   0
Besteiro incidiu nun acto con estudantes en Santiago que se ofrece futuro ofrecendo aos cidadáns ofrecendo un emprego, ofrecendo posibilidades para que accedan a unha vivenda. "E iso conséguese con industiralización, maiores recursos...", sinalou.
  comenta   0
Xa se fala de 'pornovinganza' para facer referencia a estes sucesos. A xornalista Violeta Molina Gallardo, V Premio de Xornalismo contra a Violencia de Xénero, alerta de que "son imaxes e vídeos hiperrealistas, imposibles de detectar que son falsos" e que "atentan contra a liberdade sexual e a honra das mulleres".
  comenta   0
Fai pouco máis de un ano que entrou en vigor a lei de garantía da liberdade sexual (coñecida como lei do 'só si é si'). Dende entón, houbo xa alo menos 1.200 rebaixas de condea a agresores sexuais, segundo os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).
  comenta   0
Entre xaneiro e xuño de 2023 rexistráronse un total de 398 delitos contra a liberdade sexual en Galicia, segundo os datos do último informe sobre criminalidade do Ministerio de Interior. Deles, 146 déronse no rural. En provincias como a de Lugo, a porcentaxe chega ao 60,5 %. No conxunto da comunidade, queda no 36,7 %.
  comenta   0
A muller asegura que o 28 de xuño de 2022 o acusado tocoulle nas nádegas e a zona vaxinal, agarroulle un peito e díxolle que lle ía a cravar un coitelo "e que ía ir coas tripas arrastro". Tamén manifestou que está nun "sen vivir" polas malas relacións con este home, e que "non é o primeiro altercado que tiña con el", aínda que precisou que tan só lle denunciou unha vez por este tipo de comportamento e acabou arquivado.
  comenta   0
A confiscación de bens dos condenados por parte do clero era a práctica habitual. Por iso, a codicia de moitos inquisidores fixo que mesmo xente que nada tiña que ver con herexías nin prácticas de bruxería, e que profesaba a fe cristiá, ardese na fogueira ou fose torturada ata a morte.
  comenta   1
O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informou este luns de que a Xunta de Goberno acordou que o Concello se persone como acusación popular no caso das dúas mozas presuntamente agredidas sexualmente na madrugada do martes pasado na localidade.
O PSdeG non aceptou unha emenda do PP que eliminaba unha mención velada aos seus pactos con Vox e retiraba a expresión "violencia machista".
  comenta   0
O xogador compostelán protagoniza unha campaña viral en defensa da liberdade sexual do colectivo LGTBIQ+
  comenta   0
A medida dase grazas a Lei de garantía integral de liberdade sexual para garantir condicións suficientes de independencia económica.
  comenta   0
O maxistrado Anxo Pantín considera que a pena que debería imporse de acordo á nova lei, coñecida como a do 'só si é si', sería de 9 anos de cárcere
  comenta   0
A Audiencia de Lugo acordou rebaixar un ano a pena a un condenado por agresión sexual ao que tamén se lle impuxo dous anos de prisión por outro delito de abuso sexual que, neste caso, os maxistrados rexeitaron revisar porque a nova lei do 'só si é si' contempla penas maiores para eses delitos.