Abren este venres de forma simultánea os cinco centros de crise 24 horas para vítimas de violencia sexual

A Xunta cumpre así o prazo establecido pola Unión Europea, que requiría que estivesen en marcha antes de final de ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/12/2024 | Actualizada ás 14:07

Comparte esta noticia

A Xunta abrirá de forma simultánea o vindeiro venres os cinco centros de crise 24 horas para vítimas de violencia sexual, cumprindo o prazo establecido pola Unión Europea, que requiría que estivesen en marcha antes de final de ano. Así, segundo confirmaron a Europa Press fontes de Política Social, desde as 9.00 horas deste venres estarán operativos os centros de crises situados en Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo, un máis dos esixidos pola UE. En concreto, a Lei de Liberdade Sexual recolle que debe activarse un centro deste tipo por cada provincia.

Os centros están situados dentro dos complexos hospitalarios respectivos, unha decisión tomada desde o Goberno galego co obxectivo de que evitar a revitimización que causaría facer que os usuarios se desprazasen ata un edificio independente e destinado só a esta función. En concreto, en Santiago sitúase no Hospital Gil Casares, mentres que en Ferrol estará no Hospital Novoa Santos. Tamén haberá un centro no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, na PAC da Rúa Concello de Ourense e no Lucus Augusti. Cada un destes centros de crises 24 horas contará cun equipo de sete profesionais que prestarán atención psicolóxica, xurídica e social. Tamén darán apoio ás vítimas, familiares e persoas da súa contorna e, ademais, incluirán información telefónica e presencial as 24 horas do día os 365 días do ano.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita o centro situado no Gil Casares de Santiago o pasado mes de xullo
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visita o centro situado no Gil Casares de Santiago o pasado mes de xullo | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta