Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2023 | Actualizada ás 20:25
O incendio que se declarou na mañá deste domingo, nunha nave gandeira do municipio ourensán de San Cibrao das Viñas está controlado, pero os operarios traballan no punto. Segundo confirmou o 112, foi un particular que ao fío das 09,00 horas alertou do suceso. Así no interior da nave había moita herba seca e tres animais, que faleceron. Con todo, unha boa parte do gando está a salvo xa que se atopaban fóra da nave cando comezou a arder.
Desta forma, a forte carga térmica, coa cantidade de herba seca que se acumula no interior, prolonga os traballos de extinción, xa que necesario sacar o material, arrefriar e apagar. Aínda que o incendio está baixo control no lugar operan, desde esta mañá, os Bombeiros de San Cibrao, GES de Maceda, Protección Civil, Central de Incendios Forestais da zona e Protección Civil de Parada de Sil, xunto cos axentes da Garda Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.