Os compradores de Hiperxel enfróntanse á xustiza por tres delitos contra a Facenda Pública
O Ministerio Fiscal interpuxo unha querela contra 10 persoas, presuntamente implicadas na adquisición da cadea de tendas especialistas en alimentos conxelados Hiperxel. Foi en 2021 cando a compañía viguesa Iberconsa vendeu a súa participación en Xeldist Conxelados, matriz de Hiperxel, a Vinova Group. Detrás desta firma estaban os empresarios Eusebio Novas e Juan José Villamizar, agora querelados.
Por Europa Press / Redacción | VIGO | 27/09/2023 | Actualizada ás 16:15