Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/09/2023 | Actualizada ás 17:54
O alcalde de Mañón, Alfredo Dovale (PP), emitiu un bando este xoves no que traslada á poboación que, tras as últimas analíticas de auga da traída, queda prohibido o consumo de auga nos núcleos de Vila de Bares e Porto de Bares.
Esta decisión tómase debido a que as analíticas realizadas arroxan a presenza de niveis anómalos de trihalometanos. Deste xeito, a auga non pode ser utilizada nin para beber nin para cociñar nestes dous núcleos de poboación, aínda que o rexedor asegura que pode empregarse para "hixiene persoal e outros usos domésticos".
O rexedor afirma que "a finalidade das medidas adoptadas é reducir ou eliminar riscos potenciais para a saúde da poboación". Garante que por parte do Concello "están a tomarse as medidas necesarias para recuperar os niveis normais de analítica", polo que a restrición "manterase ata novo aviso".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.