Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 29/09/2023 | Actualizada ás 12:33
O absentismo en Galicia baixou no segundo trimestre deste ano ata o 7,09%, situándose como a sexta comunidade autónoma española con maior taxa, baixando tres sitúes respecto ao primeiro trimestre de 2023, segundo datos do informe sobre o absentismo, a sinistralidade laboral e as enfermidades profesionais de The Adecco Group.
Con todo, tal como explica a compañía, a redución do absentismo en Galicia foi dunha centésima no últimos tres meses, polo que a caída na lista nacional débese a un maior incremento do absentismo noutras rexións.
En concreto, País Vasco queda, unha vez máis, á fronte, cun 8,4%, seguida de Canarias (7,4%) e Castela-A Mancha (7,2%). En cando ao absentismo por incapacidade temporal, en Galicia a taxa foi do 5,5%, baixando unha centésima no último trimestre.
Entre outros datos, a incidencia en xornada de traballo é de 201 accidentes por cada 100.000 traballadores, a segunda menor de toda España, a pesar de subir un 12% no último trimestre, pero baixou un 1% nos últimos doce meses. En itínere queda en 19, a marca máis baixa de todo o país.
DATOS ESTATAIS
A nivel estatal, o absentismo en España volveu crecer no segundo trimestre do ano, ata o 6,7%, o que supón dúas décimas máis con respecto ao primeiro trimestre do ano e dúas décimas máis tamén con respecto ao mesmo período do ano anterior.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.