Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/09/2023 | Actualizada ás 13:30
O vicesecretario de Organización do Partido Popular e deputado no Congreso por Coruña, Miguel Tellado, recibiu o apoio do seu partido, e tamén do seu líder, Alberto Núñez Feijóo, tras acusar ao deputado e voceiro deste partido no discurso de Investidura, Óscar Puente, de ser o responsable do atraso de 20 minutos no AVE Valladolid-Madrid despois de que o socialista fora increpado e insultado por un cidadán.
Estimado Óscar Puente:
— Partido Popular (@ppopular) September 29, 2023
Parar un tren, exigir una interventora, llamar a la policía, provocar un retraso y denunciar por una pregunta incómoda, es abusar de recursos públicos y del tiempo de la gente.
Horas de notoriedad a costa del tiempo de muchos.https://t.co/rcGDcbHMNd
É máis, neste comentario nas súas redes sociais, Tellado ía máis alá e mesmo chamaba "matóns" aos socialistas, aludindo ao incidente dun concelleiro de Madrid, Daniel Viondi que deulle tres pequenas labazadas na cara o alcalde de Madrid, Martínez Almeida. Este edil dimitía horas despois e iso mesmo foi o que lle pediron líderes socialistas e o propio Óscar Puente a Tellado por fomentar cos seus comentarios odio e incitación á violencia contra o PSOE.
Pero lonxe diso, o PP saíu en apoio de Tellado acusando a Puente de "abuso de poder" por "non saber encaixar a crítica dun cidadán sobre o apoio do PSOE á amnistía" e "provocando un atraso de 20 minutos nun transporte público, esixindo de malas formas que a policía o baixe do tren".
Oscar Puente no ha sido víctima de una agresión. Vemos en el vídeo como Puente no sabe encajar la crítica de un ciudadano sobre el apoyo del PSOE a la amnistía. Y provoca un retraso de 20 minutos en un transporte público, exigiendo de malas formas que la policía lo baje del tren…
— Miguel Tellado (@Mtelladof) September 29, 2023
Ante a insistencia nos seus comentarios, o parlamentario socialista decidiu borrar das súas redes sociais ao vicesecretario de Organización do Partido Popular que, lonxe de de calar, acusouno de "insultalo" e de "bloquealo".
Así es Oscar Puente: primero te insulta y después te bloquea.
— Miguel Tellado (@Mtelladof) September 29, 2023
Un demócrata de los pies a la cabeza. Puro sanchismo. pic.twitter.com/q1473iTvzk
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.