Soben as pernotacións en pisos turísticos

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2023 | Actualizada ás 11:12

Comparte esta noticia

Os aloxamentos extrahoteleiros --apartamentos turísticos, casas rurais, cámpines e albergues-- rexistraron un total de 1.072.298 pernoctacións en Galicia no mes de agosto, o que supón un 4,9% máis que un ano antes, segundo datos publicados polo Instituto Nacional de Estatísticas (INE) publicados este luns.

Este incremento contrasta coa baixada do 1,6% interanual do mes de agosto. Igualmente, os viaxeiros que se aloxaron nestes establecementos eleváronse a 455.939 na comunidade en agosto, un 3,7% máis que un ano antes.

No entanto, obsérvanse diferenzas en función do tipo de estancia. Os apartamentos e cámpines soben tanto en viaxeiros como en pernoctacións, o que contrasta coa caída que sofren as casas rurais en ambos os rexistros. Pola súa banda, os albergues gañan viaxeiros, pero diminúen as pernoctacións.

Destaca o 21,7% que se disparan as pernoctacións nos apartamentos turísticos, cun 20,3% máis de viaxeiros que optaron por esta opción en agosto. Contrasta coa caída do 4,5% nas pernoctacións deste tipo no coxunto do estado.

Detalle dunha turista tirando dunha maleta
Detalle dunha turista tirando dunha maleta | Fonte: Joaquin Corchero - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta