Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2023 | Actualizada ás 11:28
A Asociación de Realizadoras e Realizadores de Galicia outorgou o Premio CREA de honra ex-aequo aos festivais de Cans, Play-Doc e Curtocircuito. O tres cumpren en 2023, 20 anos.
Segundo explica o propio festival de Cans nun comunicado, é a primeira vez que se lle concede este galardón a festivais de cinema. Así mesmo, recollen o comunicado da asociación, que recoñece "o enorme traballo ao longo de 20 anos, apoiando sempre aos cineastas de Galicia e converténdose en citas de referencia para o audiovisual galego".
A entrega do galardón tivo lugar este sábado, nunha gala celebrada na Sala Riquela de Santiago de Compostela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.