Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2023 | Actualizada ás 14:24
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acudirá este xoves a 'Land Rober Tunai Show', o programa que dirixe Roberto Vilar na TVG. Será a primeira vez que acuda a "pintar a mona", como reza o leitmotiv do programa. Será a primeira vez de Rueda nun programa de entretemento e, aproveitando a situación, facendo un xogo de palabras co seu nome, porano a "proba na ficción nunha 'Rueda de prensa'".
O programa suxire que "igual lle toca bailar" porque, poida que si ou que non, o Combo Dominicano estea no programa para "sorprendelo en directo", o cal se poderá comprobar este xoves a partir das 22.00 horas, no programa no que tamén participan Eva Iglesias, Miguel Canalejo e Tamara GR na Televisión de Galicia.
Roberto Vilar xa recibiu en 2016 ao ex presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, quen tamén participou telefonicamente no programa con ocasión da presenza de Luís Zahera, a quen se considera de forma ficticia o "xemelgo" do ex mandatario autonómico, para felicitalo polo seu Goya.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.