A mineira de Touro quere verter no Ulla as augas residuais industriais depuradas

Pide unha atorización para a depuración destas augas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/10/2023 | Actualizada ás 17:49

Comparte esta noticia

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, somete a información pública a solicitude de autorización para a depuración das augas residuais industriais na mina de Touro.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou, este xoves, o anuncio polo que se somete ao trámite de información pública esta petición de autorización por parte da empresa explotadora Explotaciones Gallegas, S.L., que ten como obxectivo mellorar a calidade das augas acumuladas na explotación.

Desta forma, nun prazo de 30 días, contados a partir deste venres, os interesados poderán presentar as súas achegas ante Augas de Galicia.  Así, do que se trata é de completar o proceso de depuración das augas residuais industriais almacenadas na talla de Vieiro, bombeadas cara a unha planta de tratamento de augas de tipo fisicoquímico en dúas fases.

Mina de Touro
Mina de Touro | Fonte: Ecoloxistas en Acción

O que se somete a información pública é a solicitude de autorización para un caudal máximo de 1,44 hectómetros cúbicos de augar residuais industriais depuradas ao arroio Pucheiras, na conta do río Ulla, e dun caudal máximo de 535,5 metros cúbicos ao ano de augas residuais fecais depuradas por infiltración no terreo.

O obxectivo da actuación é tratar adecuadamente os actuais pasivos da mina ata alcanzar unha mellora da calidade das augas da explotación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta