Queres saber que domingos e festivos abrirán os comercios galegos en 2024?

Os días de apertura serán 10: 7 de xaneiro, 28 de marzo, 30 de xuño, 12 de outubro; 1, 6, 8, 15, 22 e 29 de decembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2023 | Actualizada ás 11:52

Comparte esta noticia

Os comercios galegos poderán abrir durante dez domingos e festivos en 2024, mesma cifra que este ano, segundo a orde da Consellería de Economía, Industria e Innovación que publica este venres o Diario Oficial de Galicia (DOG). En concreto, o primeiro domingo de apertura será o 7 de xaneiro, coincidindo un día despois do Día de Reis, sendo tradicionalmente o primeiro día de rebaixas tras as festas do Nadal.

Pola súa banda, o 28 de marzo, Xoves Santo, tamén estará permitido que os establecementos da Comunidade permanezan abertos, así como o domingo 30 de xuño, que previsiblemente avanza un adianto das rebaixas de verán, xa que nos últimos exercicios anticipáronse ao tradicional 1 de xullo.

Na lista de festivos habilitados para abrir inclúese o sábado 12 de outubro, Día da Hispanidade, ademais de todos os domingos de decembro, que cadran 1, 8, 15, 22 e 29, cando habitualmente os galegos aproveitan para realizar as compras de Nadal. Tamén o día 6 de decembro, Día da Constitución, será festivo de apertura. A Xunta subliña que estas xornadas se fixaron tras consultar cos axentes socioeconómicos e tendo en conta "o interese xeral do comercio e dos consumidores".

Varias persoas con bolsas da compra nunha rúa
Varias persoas con bolsas da compra nunha rúa | Fonte: María José López - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta