Deteñen a unha das maiores provedoras de heroína a pequena escala de Santiago con máis de 5.000 doses enriba

As investigacións iniciáronse o pasado setembro, e concluíron coa localización e detención da sospeitosa, cando circulaba nun vehículo. Ao rexistrar o coche, atopouse a droga entre as súas pertenzas e no maleteiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2023 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Santiago de Compostela detiveron a unha muller, á que interviñeron máis de 5.000 doses de heroína, investigada por un suposto delito contra a saúde pública.

As investigacións iniciáronse o pasado setembro, e concluíron coa localización e detención da sospeitosa, cando circulaba nun vehículo. Ao rexistrar o coche, atopouse a droga entre as súas pertenzas e no maleteiro. Con esta actuación, a Policía dá por desactivada a unha das maiores provedoras de heroína a pequena escala na cidade.

A Policía lembrou que os cidadáns teñen á súa disposición diferentes medios (o teléfono 091 ou a web www.policia.es), entre outros) para denunciar este e outros tipos de delitos de forma anónima, ou para achegar datos de interese para os investigadores.

Heroína
Heroína | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta