Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/10/2023 | Actualizada ás 16:05
O PSdeG advirte de que os populares, á fronte da Xunta, "non poden defender a Constitución pola mañá e incumprila pola tarde", en relación coa lei do litoral de Galicia que recorreu o Goberno central.
O seu portavoz de pesca no Parlamento, Patricia Otero, insta o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a "volver á senda do diálogo" e aposta por unha "vía segura" para que Galicia obteña a transferencia da ordenación do litoral.
A socialista lembra que o propio Consello de Estado é o que alerta de "inconstitucionalidade" e esixe á Xunta que "respecte a legalidade e negocie co Goberno para reclamar as competencias de modo correcto". "Teñen que sentar a dialogar e falar", sinala Otero, porque, ao seu xuízo, "hai unha vía segura para obter a transferencia de ordenación do litoral".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.