Os lumes deixan máis de 1.700 hectáreas queimadas en Galicia

Hai incendios activos en Vilariño de Conso Foz, Chantada e Trabada, onde xa arderon máis de 450 hectáreas. Un dos focos afectou ao Parque Natural da Baixa Limia- Serra do Xurés. A alcaldesa de Viariño de Conso agarda a chegada de chuvias para sufocalos e, de feito, este foco foi xa extinguido.

Por Europa Press / Redacción | Lugo | 13/10/2023 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia confirmou este venres que permanecen activos dous incendios nos municipios de Vilariño de Conso, con 360 hectáreas afectadas, e de Foz, con catro lumes distintos pero próximos e cunha superficie provisional afectada de 70 hectáreas. A eles súmase o incendio de Trabada, que tamén segue activo (con máis de 160 hectáreas calcinadas) e outros dous, xa estabilizados, en Vilariño de Conxo e Chantada. Outro, o de Lobeira, foi extinguido. O máis grave é en Trabada, en 450 hectáreas e "descontrolado". A Consellería do Medio Rural fala de "incendios intencionados".

Un incendio forestal en Lugo
Un incendio forestal en Lugo | Fonte: . Carlos Castro - Europa Press

A superficie afectada polo incendio que permanece activo no municipio ourensán de Vilariño de Conso ascende a 360 hectáreas, segundo estimacións provisionais da Consellería de Medio Rural que xa o dá por estabilizado. Este lume declarouse sobre as 21,44 horas deste xoves, na zona de Chaguazoso e os medios de extinción mobilizados (acumulados) ata primeira hora da mañá foron 5 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas e 2 pas. A consellería de Medio Rural dá por estabilizado este incendio.

No caso do incendio de Foz, que se iniciou na madrugada deste venres, trátase de catro lumes próximos entre si, nas zonas de Santo Acisclo e Santa Cilla de Valadouro, e entre eles suman unhas 70 hectáreas afectadas. Os medios mobilizados neste caso foron 5 axentes, 6 brigadas, 9 motobombas e unha pa.

TRABADA

As últimas estimacións elevan xa a 1.200 hectáreas a superficie afectada polo incendio declarado na noite do xoves no municipio lugués de Trabada que se estendeu tamén a Ribadeo nas zonas de Cedofeita, Noceda, Villaframil, Cubelas e Piñeira .

A través das redes sociais, a Consellería do Medio Rural trasladou que o incendio continúa activo, aínda que o tráfico cortado durante horas entre os quilómetros 508 e 524 na A-8 puido renovarse á primeira hora da tarde deste venres ante a mellora da visibilidade na zona.

Deste xeito, a superficie afectada polo incendio sitúase en 1.200 hectáreas, aínda que Medio Rural especifica que a gran concentración de fume na zona impide realizar unha "medición exacta" ao tratarse dun lume "complexo e aberto".

Permanece activada a situación de emerxencia por proximidade das chamas a núcleos habitados, o que provocou que fosen desaloxados das súas casas veciños de puntos próximos ao lume, que presenta indicios de ser provocado.

Ata a zona desprazáronse este venres o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, e o conselleiro de Medio Rural, José González, quen confirmou que tanto este lume, como os outros declarados nas últimas horas nas provincias de Lugo e Ourense, foron intencionados.

CONTROLADO VILARIÑO DE CONSO

Pola súa banda, Medio Rural deu por controlado o incendio que, ata o momento, queimou 360 hectáreas no municipio ourensán de Vilariño de Conso.

As chamas comezaron pouco antes das 22,00 horas deste xoves, na zona de Chaguazoso, e obrigaron a mobilizar a 5 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas e 2 pas.

VENRES NEGRO PARA A PROVINCIA

Ademais do incendio declarado en Trabada, son varios os concellos da provincia de Lugo que continúan este venres en albas polo lume. Catro focos abertos na área da Mariña central, entre os concellos de Foz e O Valadouro, seguen activos e arrasaron polo menos 70 hectáreas, segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Medio Rural. Neste caso, o conselleiro do Medio Rural trasladou que non só se trata dunha acción intencionada, senón que "todo apunta" a que os distintos lumes son obra dunha mesma persoa.

En Chantada, o incendio declarado na parroquia de Requeixo quedou extinguido cara ao mediodía despois de arrasar case 90 hectáreas de superficie, 77 delas correspondentes a monte raso e 12 máis de superficie arboredo. O lume iniciado en Muras, pola súa banda, na comarca da Terra Chá, foi tamén controlado despois de calcinar unha superficie estimada de 8,5 hectáreas


OUTROS ESTABILIZADOS

Por outra banda, en Requeixo, Chantada, declarouse un incendio a última hora da tarde deste xoves e está estabilizado, segundo Medio Rural, desde as 8,43 horas deste venres. A superficie afectada é de 80 hectáreas, e os medios mobilizados foron dous técnicos, 6 axentes, 14 brigadas, 7 motobombas, 2 pas e unha unidade técnica de apoio.

EXTINGUIDO

Tamén está xa extinguido, o  incendio declarado pasada a media noite en Lobeira (Ourense), na zona de Parada. Nese caso, as primeiras estimacións apuntan a 110 hectáreas afectadas, con incidencia no Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Para este incendio mobilizáronse 3 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas e unha pa.

CHOIVA

A alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, confía en que o incendio de Chaguazoso poida quedar extinguido nas próximas horas, grazas á choiva que comezou a caer na zona. Así o trasladou en declaracións a Europa Press, e explicou que, afortunadamente, non se produciron danos persoais debido a este lume, xa que non hai núcleos habitados nas proximidades.

Por outra banda, alegou non coñecer as circunstancias de inicio do lume, nin se houbo máis dun foco, aínda que explicou que as chamas se estenderon "demasiado rápido" nas primeiras horas debido ao vento. Así mesmo, sinalou que as chamas afectaron maioritariamente a zona de serra, entre este municipio e o do Manzaneda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

Sobran as comillas ¿ Alguén pensa que estres incendios que escomenzan de noite, con varios focos a vez non son int?encionados