Por Galicia Confidencial | A Coruña | 15/10/2023 | Actualizada ás 21:00
O conflicto ente palestinos e israelíes chega ás igrexas galegas. Luis Rodríguez, cura de Xestoso, en Guitiriz, denuncia a intervención de Israel en Gaza e acaba de anunciar que retira as referencias a Israel da liturxia por "matar e violar os dereitos humanos".
Nun comunicado, o sacerdote sinala que a súa decisión prodúcese a raíz da dos "bombardeos indiscriminados" de Israel contra a franxa de Gaza que causaron, polo momento, máis de 2.300 mortos, moitos deles mulleres e nenos. Bombardeos que o exército israelí lanzou logo de que terroristas de Hamás mataran a máis de un milleiro de persoas, entre eles tamén mulleres e nenos, en distintas localizadas de Israel.
"Están matando a xente civil....sin admitir os feitos terroristas de Hamas", critica o cura. Segundo sinala, "o nome Israel procede dun pasaxe da Biblia, onde o patriarca bíblico Jacob, logo de loitar durante toda a noite contra un misterioso adversario e vencelo, provocou a admiración do mensaxeiro divino, que o bendixo e cambioulle o seu nome polo de Yisra'el, é dicir, «O que loita con Deus» (Xénese, 32:28-30)".
"RESPECTAR A AUTODETERMINACIÓN DO POBO PALESTINO"
Ora ben, como crego destaca que "aínda que esta sexa a súa acepción e non teña nada que ver co Israel que mata e viola os dereitos humanos", considera que "todos os sacerdotes que non queiran ferir aos fillos de Deus que aman a paz e que respectan a autodeterminación do pobo palestino" non deberían mencionar a palabra Israel nas súas celebracións, "e menos cun sentido de pobo que ama a verdade ou como a nova igrexa".
"Isto mesmo fixémolo algúns sacerdotes en relación coa violencia de xénero e o machismo de moitas celebracións e en especial de oracións", di. Unhas manifestacións que dixo nas homilías relixiosas destes días.
Estas manifestacións prodúcense a raíz da ameaza de Israel de un bombardeo total e invasión de Gaza , denunciando o "bloqueo que ten a o Pobo palestino sin poder cubrir as necesarias máis elementais, en defensa do pobo palestino ( non de Hamas ) e o boicot aos produtos israelís".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.