Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2023 | Actualizada ás 17:07
O goberno municipal de Ferrol adxudicou á empresa Creacións Luminosas SL a instalación da iluminación do Nadal e o de Entroido para os os próximos dous anos, por algo máis de 166.000 euros cada anualidade, segundo informou o alcalde, José Manuel Rey.
Nunha rolda de prensa tras a reunión da Xunta de Goberno Local, o rexedor detallou que haberá "ata 350 arcadas, 33 árbores decoradas, 32 motivos do Nadal en prazas", ás que haberá que engadir "outras 100 arcadas e motivos do Nadal, propiedade do Concello, que se encargará de colocar a empresa de mantemento eléctrico".
Por outra banda, nesta Xunta de Goberno tamén se abordou a colocación dun ascensor no local social de Mandía, cuxa anterior licitación "tivo que ser declarada deserta porque os custos nos que se baseaba o proxecto eran insuficientes".
Agora, a licitación contempla ata 77.422 euros para facer fronte a esta instalación, "fronte aos 56.000 que estaba na anterior, cun prazo de tres meses para a súa instalación".
Por último, o goberno municipal aprobou o expediente para licitar a subministración de material de oficina para o Concello, "cun prezo de saída de 12.100 euros", sendo estoutro dos servizos que está sen contrato. O alcalde explicou tamén que, "desde a concellaría de Servizos, está a traballarse con intensidade no novo contrato do servizo de parques e xardíns".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.