Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 17/10/2023 | Actualizada ás 10:38
A Garda Civil do Barco de Valdeorras tomou declaración en calidade de investigados a dous mozos de 22 e 18 anos de idade, veciños do municipio, como presuntos autores dun delito de furto.
Segundo explican, a investigacción arrincou por mor da denuncia dunha veciña do Barco na que relata que o día 1 de abril, mentres estaba nun local de lecer do Barco, subtraéronlle o bolso.
Nel, levaba un teléfono móbil e unha carteira con cartóns bancarios e 150 euros en efectivo. As dilixencias enviáronse ao xulgado do Barco.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.