Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2023 | Actualizada ás 11:40
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, participou este luns por videoconferencia na reunión do Consello Consultivo informal de Agricultura e Pesca, onde defendeu elevar as posibilidades de capturas do bonito e evitar que se establezan cotas restritivas para especies como a quenlla no Atlántico Sur.
Este Consello tiña como obxectivo preparar a reunión de ministros europeos que a semana próxima tratará temas como as futuras posibilidades de pesca no mar Báltico para 2024 ou os obxectivos de face á próxima reunión da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (ICCAT), que se celebrará entre o 13 e o 20 de novembro en Exipto.
Así, Basanta manifestou ante os representantes do Ministerio e os conselleiros do resto de autonomías que estará atento a como quedarán as posibilidades de pesca no Báltico para o ano próximo. Segundo apuntou a Consellería, os criterios utilizados darán as pistas dos que poden aplicar no Consello de Ministros do mes de decembro, "fundamental" para a frota galega e no que se espera que se fixen cotas plurianuais para algunhas especies.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.