Rueda sobre a acusación de Israel ao Goberno español de aliñarse con Hamás: "É evidente que unha parte os defende"

Apostilou que ese tipo de posicións tamén "se viron" en Galicia, e lembrou que, hai uns días, no Parlamento autonómico, "o BNG negouse a condenar estes atentados terroristas".

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 17/10/2023 | Actualizada ás 11:56

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou este martes que non entende o "enfado" do Goberno tras o comunicado da Embaixada de Israel, xa que este país constatou "unha situación que é evidente", e é que unha parte do Goberno condena os atentados de Hamás, mentres a outra "os defende abertamente".

Así se manifestou o titular do goberno autonómico en declaracións aos medios, tras participar nun acto en Vigo. Rueda subliñou que Hamás é unha "organización terrorista" e que, "respectando todas as opinións, ata certo punto", cando se produce un atentado terrorista "hai que condenalo sen ningunha dúbida", polo que "non se entende" a postura de "case a metade" do Executivo.

Por iso, afirmou que o que fixo a Embaixada de Israel, que fixo público un comunicado acusando a unha parte do Executivo español de aliñarse coas teses de Hamás (acusacións tachadas de "falsidades" polo Goberno español en funcións), é "pór de manifesto unha situación que é evidente, certa e que todos puideron ver". "Non entendo o enfado do Goberno, en negar algo que é moi evidente", apostilou o presidente galego.

Segundo engadiu, en algo "tan serio como isto", quen ten a responsabilidade no seu país "debería ter unha opinión formada" e, se non única, polo menos si "unitaria" no seo do Goberno, e non "dúas posicións diverxentes e contraditorias". Finalmente, apostilou que ese tipo de posicións tamén "se viron" en Galicia, e lembrou que, hai uns días, no Parlamento autonómico, "o BNG negouse a condenar estes atentados terroristas".

O presidente da Xunta., Alfonso Rueda (centro), na inauguración do III Foro Empresarial pola Igualdade, na sede da CEP en Vigo, a 17 de outubro de 2023
O presidente da Xunta., Alfonso Rueda (centro), na inauguración do III Foro Empresarial pola Igualdade, na sede da CEP en Vigo, a 17 de outubro de 2023 | Fonte: DAVID CABEZON @ XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José

Un ignorantiño ocupa a presidencia da Xunta