Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2023 | Actualizada ás 19:36
A Seguridade Social perdeu de media 249 afiliados estranxeiros en Galicia en setembro en relación co mes anterior (-0,41%), un descenso que contrasta coa subida media do 0,39% no país, segundo datos publicados este martes polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.
Con todo, en comparación con setembro de 2022, a Seguridade Social gana 8.336 traballadores estranxeiros na comunidade galega, un 16,2% máis. Supón o maior repunte interanual entre comunidades. Por países, un total dos 42.034 traballadores estranxeiros veñen de países de fóra da Unión Europea e os 17.770 restantes son afiliados que veñen de países da UE.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.