Babet, a primeira gran borrasca do outono, provoca máis de 300 incidencias

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/10/2023 | Actualizada ás 22:24

Comparte esta noticia



A meteoroloxía adversa deixou nas horas centrais da xornada deste martes máis de 300 incidencias, segundo os datos do 112 Galicia ata as 18 horas, aínda que os ventos e choivas rexistradas en Galicía continuaron durante toda a tarde e é de esperar que esta cifra sexa máis elevada.

Con ventos tempestuosos e refachos que alcanzaron ás 12,40 horas o punto máis elevado na Veiga, con 137,7 quilómetros por hora (segundo Meteogalicia) e de 118 na costa de Viveiro (ás 20,30 horas; Galicia viviu este martes a primeira gran borrasca do outono, tras un tempo estival as semanas previas.

Está previsto que continúe un desfile de borrascas atlánticas nos próximos días que deixarán choivas e ventos nos próximos días, segundo Meteored, e que afectarán, de feito, a toda a península.

Ondada na Ría de Vigo, a 17 de outubro de 2023, en Cangas, Pontevedra, Galicia (España). A Xunta de Galicia activou onte, 16 de outubro, a alerta laranxa polo temporal costeiro que afecta hoxe o litoral da Coruña e Pontevedra. Segundo a Axencia Esta. Agostime - Europa Press
Ondada na Ría de Vigo, a 17 de outubro de 2023, en Cangas, Pontevedra, Galicia (España). A Xunta de Galicia activou onte, 16 de outubro, a alerta laranxa polo temporal costeiro que afecta hoxe o litoral da Coruña e Pontevedra. Segundo a Axencia Esta. Agostime - Europa Press | Fonte: Europa Press
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta