Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2023 | Actualizada ás 19:00
A viceportavoz do PP de Santiago, María Baleato, solicitou o cesamento da portavoz do goberno municipal, Míriam Louzao, que ironizou sobre que o líder popular, Borja Verea, ía pedir "a intervención da ONU" para tranquilizar a política local.
Así o fixo Louzao na mañá deste xoves nunha rolda de prensa por mor das críticas que o PP fixo, na tarde do mércores, sobre que as inundacións da capital galega debíanse a que os sumidoiros estaban atrancados.
Louzao tachou esas declaracións de Verea de "oportunismo ruin". "Só busca pretextos para facer declaracións neste sentido nunha escalada de violencia de tal dimensión que calquera día pide a intervención da ONU nesta cidade", ironizou a concelleira do BNG.
Pola tarde, Baleato cualificou de "intolerables" estes termos e que este tipo de afirmacións o que demostran é que "este goberno non encaixa ben a crítica".
Así, ese tipo de declaracións de Louzao significan, para o PP, que a concelleira "non ten categoría nin nivel" para representar a Santiago. A continuación, tachou de "declaracións inaceptables en calquera momento".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.