Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 20/10/2023 | Actualizada ás 17:34
Unha moza de 33 anos morreu nun accidente de tráfico ocorrido en Celanova este venres, ao saírse da vía e chocar contra un noiro.
Segundo informou o 061, a central de coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu unha alerta por un accidente de tráfico en Celanova aos 15,12 minutos.
Ata o punto enviáronse varios medios: un helicóptero do 061, unha ambulancia asistencial de soporte vital básico do 061 e persoal sanitario da PAC de Santiago.
No lugar foi atendida unha paciente, que faleceu no propio punto a pesar da actuación sanitaria.
A Garda Civil de Tráfico de Ourense informou de que o sinistro tivo lugar no quilómetro 22 da OU-540, que une Ourense e Portugal.
A nova, condutora e única ocupante do vehículo, saíuse da vía pola marxe dereita co Seat León que conducía nun tramo curvo e chocou contra un noiro. Levaba posto o cinto de seguridade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.