Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/10/2023 | Actualizada ás 18:08
A entrada principal do Concello de Narón acolleu este venres, 20 de outubro, ao mediodía, unha concentración en repulsa pola violación e crime de Elisa Abruñedo, veciña do lugar de Lavandeira, en Cabanas.
Esta concentración tivo lugar tras o encarceramento dun dos veciños desta localidade, Roger S.R., de 49 anos e residente na Gándara, e que confesou a autoría do crime en sede da Garda Civil.
Na mobilización déronse cita integrantes do goberno de Narón, formado en solitario por Terra Galega, e dos partidos na oposición, como PP, BNG e PSOE, ademais dalgúns funcionarios e cidadáns.
O portavoz do goberno, Román Romero, asegurou que "facemos este acto simbólico ante o Concello, como é habitual, cando hai un caso destas características", e que nesta ocasión "é caso un caso especial, de fai dez anos da morte". "Estamos aquí para condenar este asasinato", manifestou.
Romeu quixo expresar as súas "condolencias con toda a familia". "Condenamos evidentemente este tipo de violencias, neste caso sexistas", dixo, para transmitir a "felicitación ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que a pesar de pasar este tempo, finalmente conseguen saber quen foi o culpable deste caso".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.