Desde outubro do ano 2023 Roger Serafín está nunha prisión da provincia de León á que foi trasladado tras ser detido pola Garda Civil no seu propio posto de traballo, no estaleiro de Navantia Ferrol, onde era operario dunha empresa auxiliar. Tras o arresto, confesou ser o responsable da violación e morte da veciña da comarca de Eume dez anos atrás.
  comenta   0
Na mobilización déronse cita integrantes do goberno de Narón, formado en solitario por Terra Galega, e dos partidos na oposición, como PP, BNG e PSOE, ademais dalgúns funcionarios e cidadáns.
  comenta   0
O corpo da muller de 46 anos foi atopado nas proximidades do seu domicilio con diversas puñaladas e evidencias dunha violación.
  comenta   0
Adrián Fernández, fillo de Elisa Abruñedo, a muller que foi asasinada en setembro de 2013 e que foi previamente violada no lugar de Lavandeira, en Cabanas, reclamou "xustiza" tras a detención este martes en Ferrol dun home de 49 anos como sospeitoso destes actos.