A Garda Civil investiga a relación do asasino da muller de Cabanas con outros casos

O corpo da muller de 46 anos foi atopado nas proximidades do seu domicilio con diversas puñaladas e evidencias dunha violación.

Por Europa Press / Redacción | Cobas (Ferrol) | 19/10/2023 | Actualizada ás 12:58

Comparte esta noticia

O detido polo crime de Elisa Abruñedo, un home de 49 anos e residente en Narón, confesou ser culpable dos feitos ante a Garda Civil tras, ser detido o pasado martes como responsable da violación e morte desta veciña de Lavandeira, en Cabanas.

O detido permanece nos xulgados de Ferrol, onde ten previsto comparecer ante a xuíza do Xulgado de Instrución número 2, que ten decretado o segredo do sumario, e que suspendeu todos os asuntos programados para este xoves e así centrase neste caso. 

Abruñedo foi localizada nas proximidades do seu domicilio o 1 de setembro de 2013, ás poucas horas de desaparecer. O corpo sen vida estaba a tan só 200 metros da súa vivenda, con diversas puñaladas e constatándose que fora tamén violada. A muller contaba por aquel entón con 46 anos, estaba casada e era nai de dous fillos. 

Axentes de Garda Civil levan ao presunto asasino de Elisa Abruñedo para pasar a disposición xudicial en Ferrol, a 19 de outubro de 2023, en Ferrol. Raúl Lomba - Europa Press
Axentes de Garda Civil levan ao presunto asasino de Elisa Abruñedo para pasar a disposición xudicial en Ferrol, a 19 de outubro de 2023, en Ferrol. Raúl Lomba - Europa Press | Fonte: Europa Press

NON SE DESCARTAN OUTROS ACTOS

Pola súa banda, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, asegurou que "non se descarta" que haxa "investigacións accesorias" que para determinar posibles vínculos do home detido en Narón con outros casos.

En declaracións aos medios nun acto en Pontevedra e preguntado por se se investiga que o home poida estar relacionado con outros crimes, Blnco lembrou que o caso está "baixo segredo de sumario" polo que non pode dar "detalles".

Con todo, sostivo que "si é verdade que a Garda Civil está a ultimar as investigacións preliminares". "E, en todo caso, non se descarta que haxa investigacións accesorias respecto diso", manifestou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta