Gran éxito de 'Mako', o robot que acaba de facer a primeira cirurxía ortopédica de Galicia

Houbo intervención en Santiago, A Coruña e Vigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/10/2023 | Actualizada ás 14:36

Comparte esta noticia

A área sanitaria de Santiago e Barbanza, concretamente no Hospital de Conxo, realizou con éxito a primeira intervención con 'Mako', un robot de última xeración para a cirurxía ortopédica.

Segundo informou o Sergas, a operación consistiu na colocación dunha prótese de xeonllo a unha muller de 80 anos, cunha duración de pouco máis dunha hora. A evolución da paciente é favorable e será dada de alta proximamente.

Esta tecnoloxía permitiu realizar a intervención con "maior precisión e seguridade", así como reducir os tempos no quirófano e na recuperación da funcionalidade. Desta forma, estimaron que coa incorporación deste aparello poidan realizar entre o 35-40% das artroplastias, fundamentalmente de xeonllo e cadeira.

Un dos aspectos máis difíciles da cirurxía de substitución de articulacións é colocar os compoñentes individuais da articulación na mellor aliñación posible para que encaixe e funcione sen problemas.

Primeira intervención con robot para cirurxía ortopédica no Hospital de Conxo. XUNTA
Primeira intervención con robot para cirurxía ortopédica no Hospital de Conxo. XUNTA | Fonte: Europa Press

Tamén despois houbo outras dúas implantacións de próteses de xeonllo mediante a cirurxía robótica en hospitais das cidades de Vigo e A Coruña. Así, no hospital Meixoeiro a intervención foi a unha muller de Vigo, de 76 anos, en Santiago e a da Coruña foi no CHUAC.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta