Advirten do vertido de 1.400 millóns de litros de drenaxes ácedas da mina de Touro ao río Pucheiras

Ecoloxistas en Acción pide a paralización dos vertidos da mina de Touro por atentar contra o medio ambiente e os recursos naturais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 23/10/2023 | Actualizada ás 10:50

Comparte esta noticia

Ecoloxistas en Acción levou ante a xustiza os continuos vertidos procedentes da mina de Touro que verten no río Pucheiras o que ocasionou que se abriran dilixencias no Xuzgado número 1 de Arzúa contra a propietaria dos terreos da mina por delito contra o medioambiente e os recursos naturais.

Mina de Touro
Mina de Touro | Fonte: Ecoloxistas en Acción

Agora, ante a petición que Explotaciones Gallegas realiza a Augas de Galicia para que lle autoricen verteduras das augas da balsa de lodos mineiros do Vieiro ao río Pucheiras, Ecoloxistas en Acción solicitou a Augas de Galicia que se paralice o trámite do expediente de autorización mentres non conclúa o procedemento penal no que instrúe a causa por delito ambiental. 

IMPACTO DA AUTORIZACIÓN DAS VERTEDURAS

A organización ecoloxista alerta que a autorización destes vertidos sería legalizar unha vertedura de perto de 1.400 millóns de litros de drenaxes ácedas de mina supostamente tratadas (case 1.440.000.000 litros/ano de media) ao rego Pucheiras, no sistema fluvial do Ulla-Deza.

Detrás petición o que se esconde é a escusa para poder presentar un novo proxecto mineiro, que conte coa autorización de Augas de Galcia para verter augas dunha depuradora dos seus usos industriais, un proxecto que debería tramitarse no marco dun plan de restauración integral da zona. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta