Admitido un recurso do PP para retirarlle o soldo ao alcalde de Gondomar e ao seu equipo

"O único programa político do PP é obstaculizar a acción do goberno municipal e bloquear a acción do alcalde", di o socialista Francisco Ferreira

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 24/10/2023 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

O xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Vigo admitiu a trámite un recurso interposto polo PP contra os decretos do alcalde de Gondomar, o socialista Francisco Ferreira, polos que se aprobaron o seu soldo e o do seu equipo de goberno (os membros con algunha retribución).

Así, o rexedor aprobou en agosto pasado os salarios (o seu, de 50.000 euros anuais, catro dedicacións exclusivas de 32.000 euros anuais e unha parcial de 16.000 euros) mediante decreto, alegando que a normativa orzamentaria permitíalle adoptar tal decisión, sen pasar polo Pleno da Corporación.

Francisco Ferreira, alcalde de Gondomar
Francisco Ferreira, alcalde de Gondomar | Fonte: CONCELLO DE GONDOMAR

No pasado setembro, o PP levou a pleno unha proposta para reducir o gasto en soldos dos políticos en Gondomar, pasando de 195.000 a 100.000 euros. Isto supuña baixar a retribución do alcalde a 40.000 euros, as dedicacións exclusivas a 30.000 euros e as parciais a 14.000 euros. A proposta foi aprobada grazas aos votos dos partidos da oposición (PP, Manifesto Miñor e BNG).

O alcalde Francisco Ferreira sinalou, en declaracións a Europa Press, que o recurso interposto polo grupo 'popular' responde o feito de que "o seu único programa político é obstaculizar a acción do goberno municipal e bloquear a acción do alcalde". Tras precisar que o xulgado vai a "ventilar unha cuestión administrativa, e non penal", o rexedor criticou a "dobre moral" do PP, porque no Porriño, o alcalde dese partido aprobou os salarios polo mesmo sistema. "Alí válelles, pero en Gondomar é motivo de recurso", constatou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta