Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2023 | Actualizada ás 13:04
O prazo de descarga do bono turístico da Xunta, co que se promoven viaxes en Galicia e que prevé mobilizar ata 2,5 millóns de euros, poderá solicitarse este venres a partir das 9,00 horas e xa conta con máis de 200 establecementos adheridos.
Segundo informou o Executivo autonómico, mobilizarán 10.000 bonos desconto en formato código QR por valor de 100 euros cada un cos que poderán gozar do 40% en cada compra ata esgotar o saldo do bono.
A descarga estará dispoñible en www.bonoturismo.gal e poden beneficiarse as persoas maiores de idade que residan en Galicia. Así, tras a descarga poderá usarse ata o 25 de decembro nos establecementos adheridos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.