Identificado un potencial biomarcador no diagnóstico da depresión

Foi por un estudo galego que identifica a hormona da insulina IGF-2.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/10/2023 | Actualizada ás 17:13

Comparte esta noticia

Un traballo de investigación realizado polo IDIS identificou a hormona do factor de crecemento da insulina IGF-2 como potencial biomarcador no diagnóstico de enfemerdades como a depresión.

O obxectivo, explican nun comunicado, é lograr un diagnóstico preciso, xa que habitualmente a depresión, así como outros trastornos psiquiátricos como a esquizofrenia ou o trastorno bipolar, baséase nunha serie de tests subxectivos que avalían a sintomatoloxía dos pacientes.

O traballo realizado polo grupo de Investigación Traslacional en Enfermidades Neurolóxicas (ITEN) do IDIS mostra por primeira vez o rol potencial do IGF-2 como biomarcador periférico en depresión, "o que podería axudar na toma de decisións clínicas para mellorar o seguimento e resposta fronte ao tratamento antidepresivo, permitindo así un medicamento máis personalizado e de precisión", sinalan.

O estudo foi elaborado polos investigadores do grupo ITEN do IDIS, Carlos Fernández e Roberto Agís. O traballo expón que as alteracións nos niveis desta hormona poden dar indicios de que unha persoa sufra ou non depresión.

RELACIÓN CO ALZHÉIMER E O NEURODESENVOLVEMENTO

Aínda que xa existían estudos ao redor da IGF-1, "esta investigación é pioneira na investigación deste outro membro fundamental desta familia dos factores de crecemento similares á insulina e que ata agora permanecía aínda inexplorado no contexto da depresión humana: o IGF-2", sinalan.

Ademais, tamén se estudaron algunhas das proteínas de unión ou IGFBPs (IGFBP-1, IGFBP-3, IGFBP-5 e IGFBP-7) ás que viaxa unidas e que regulan a súa acción.

Unha científica introduce líquido nunha probeta
Unha científica introduce líquido nunha probeta | Fonte: H.Bilbao - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta