Tres meses de prisión e 5.000€ por arrincar dunha dentada parte dun dedo a outra nunha pelexa

A defensa solicitou a suspensión da pena, aceptada por Fiscalía coa condición do pago dunha indemnización.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2023 | Actualizada ás 12:43

Comparte esta noticia

Unha muller acusada de arrincarlle dunha dentada parte dun dedo a outra durante unha pelexa, en outubro de 2018 no partido xudicial de Noia, aceptou tres meses de prisión, no xuízo fixado para este xoves na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña.

No entanto, Fiscalía aceptou a suspensión da pena exposta pola defensa, coa condición tamén do pago dunha indemnización de algo máis de 5.000 euros. Fíxoo tras un acordo entre as partes personadas ao recoñecer os feitos a procesada. Ademais, aplicouse unha rebaixa da pena pola atenuante de dilacións indebidas e reparación do dano.

Polo sucedido, tamén estaban denunciados a muller que sufriu a dentada e a súa parella, neste caso por parte da que mordeu á primeira. No seu caso, o Ministerio Público solicitou o pago dunha indemnización de 3.000 euros por un delito de lesións leve e unha multa de 90 euros.

FEITOS

No seu escrito de cualificación, o Ministerio Público sostén que sobre as 20,50 horas do 13 de outubro de 2018, a muller acusada de trabar a outra acudiu ao domicilio desta, situado no partido xudicial de Noia, para tratar uns temas relacionados cunha suposta débeda derivada dun alta dunha liña de teléfono.

Alí, engade, "tras unha discusión acalorada entre ambas, encerelláronse nunha pelexa". No transcurso de mesma, "con ánimo de menoscabar a integridade física corporal" da outra muller "mordeulle o dedo meñique da man dereita arrincándolle unha parte".

A continuación, a procesada "colleu unha pedra para agredir" á muller vítima da dentada, momento no que apareceu a parella desta e mantivo á primeira "separada" e "agarrada con forza" ata que finalizou o incidente e apareceu a Policía Local.

Imaxe dun xuízo en Vigo contra unha acusada
Imaxe dun xuízo en Vigo contra unha acusada | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta