Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 27/10/2023 | Actualizada ás 14:11
Facer fronte a 12 facturas esenciais dunha vivenda en Galicia supón un gasto de 17.059 euros anuais, unha cifra que equivale ao 54,83% do presuposto nun ano do fogar. Eso varía en función do que poidan aforrar cun cambio de proovedores segundo o análise realizado por Kelisto.es.
“En cifras absolutas, o panorma cambia: as maiores opcións de aforro están nas hipotecas (ata el panorama cambia (hasta 695,64 euros ao ano), os paquetes de fibra e móbil (ata 575 ao ano) e os seguros de coche, seguidos das tarxetas de crédito e a electricidade", sexplica a portavoz de Kelisto.es, Estefanía González.
A presión que exerce o gasto en facturas do fogar sobre o presuposto familiar ten serias consecuencias como o retraso no pago destes servizos básicos. A día de hoxe, máis de 80.000 fogares galegos recoñecen non poder pagar a tempo os seus recibos: trátase do 7,3% do total, unha tasa que medrou un 21,7% na última década.
Dende a web Kelisto.es afirman que neste contexto, sen prescindir de ningún dos servizos básicos, a única solución pasa por cambiar de proveedor na procura da oferta máis barata do mercado. Unha opertación gratuita, que se efectúa en poucos días ou incluso horas e para o que só fai falta un dispositivo conectado á rede.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.