Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/10/2023 | Actualizada ás 19:41
Un condutor foi trasladado este venres en helicóptero tras sufrir un accidente no municipio coruñés de Noia, onde chocou co vehículo no que circulaba contra un poste de formigón. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, o accidente produciuse na entrada do polígono Auga Levada, en Noia, ás 17.15 horas.
A consecuencia do impacto, o condutor resultou ferido de consideración e perdeu a consciencia. Debido a magnitude do accidente, os efectivos do GES de Noia tiveron que intervir para liberar á persoa e sacala do vehículo.
Unha vez liberado e accesible, o ferido foi atendido polos profesionais de Emerxencias Sanitarias de Galicia-061 e, posteriormente, trasladado a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. A maiores, fai falta destacar, que neste operativo tamén participaron os Bombeiros de Boiro, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e os membros de Protección Civil de Noia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.