Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2023 | Actualizada ás 17:17
A autovía Marín-Pontevedra volve estar pechada debido ás inundacións provocadas pola meteoroloxía adversa e a subida da marea.
Segundo comunicou a DGT, o corte produciuse minutos despois das 15,30 horas e o seu corte é total, desde o quilómetro 1.5 en Gandarela ao 3.5 en Caritel, en ambos os sentidos.
Esta mañá a autovía foi reaberta, despois de que permanecese cortada desde a tarde deste sábado debido ás inundacións provocadas pola climatoloxía adversa e pola subida da marea.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.