Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2023 | Actualizada ás 12:50
Os catro presidentes das deputacións provinciais galegas presentarán o vindeiro venres, día 3 de novembro, as contas das súas administracións no Parlamento de Galicia, tal e como confirmaron fontes das distintas institucións. Será a primeira vez en máis dun lustro que os catro presidentes comparezan na comisión de Orzamentos tendo en conta que a expresidenta socialista da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ausentouse do Pazo do Hórreo desde 2017 alegando que estaba amparada polo principio de autonómia local.
Así, tal e como confirmaron fontes de deputacións da Coruña e Lugo, os dous presidentes socialistas, Valentín González Formoso e José Tomé, si estarán presentes na comisión de Orzamentos como xa fixeron nos últimos anos. Ademais, a deste ano será a primeira vez que os populares que presiden as deputacións de Ourense, Luís Menor, e Pontevedra, Luís López, acudan á Cámara galega a debullar as contas das institucións que dirixen tras tomar a substitución tanto de Manuel Baltar como de Carmela Silva, respectivamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.