Bombeiros comarcais recriminan a ausencia das administracións na reunión solicitada polo comité de folga

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/11/2023 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

Bombeiros comarcais reprochan que representantes de Xunta e deputacións tampouco se presentaron a unha reunión solicitada polo comité de folga para este xoves no Consello Galego de Relacións Laborais, en Santiago, do mesmo xeito que tampouco acudiron á convocatoria do pasado 1 de novembro.

En declaracións a Europa Press, o portavoz da Mesa Intersindical de Bombeiros de Galicia, Anxo Moldes, avisa de que van "seguir tentando sentar nunha mesa" ás administracións. "Se non, non hai maneira de arranxar nada", deixa claro en relación cunha folga que se iniciou o 15 de xuño.

Así, quéixase sobre a falta de vontade negociadora e de avances nun conflito enquistado, o que lle parece "sorprendente" despois de que esta semana os grupos parlamentarios trasladasen aos representantes dos bombeiros que lles mostraban o seu apoio e que ían traballar por "desenquistar" a situación.

Neste sentido, lamenta que a "última noticia" das administracións é un escrito conxunto do pasado 26 de outubro de Xunta e deputacións o que reclamaban aos bombeiros que poñan encima da mesa "unha nova proposta de convenio" por ver que as súas demandas actuais "non son viables".

Os bombeiros avisan de que seguirán cos intentos de negociación coas administracións. Entre as súas peticións están un convenio colectivo a nivel autonómico; maior dotación de medios técnicos e de recursos humanos, así como emprego fixo de acordo coa doutrina do Tribunal Supremo de xaneiro de 2022.

Policías Nacionais e bombeiros se entrentan durante unha protesta, fronte á Deputación de Lugo, a 31 de outubro de 2023, en Lugo, Galicia (España). O comité de folga que representa ao colectivo en Galicia, integrado polos sindicatos UXT, CCOO, CIG,. Carlos Castro - Europa Press
Policías Nacionais e bombeiros se entrentan durante unha protesta, fronte á Deputación de Lugo, a 31 de outubro de 2023, en Lugo, Galicia (España). O comité de folga que representa ao colectivo en Galicia, integrado polos sindicatos UXT, CCOO, CIG,. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta