Xa son dez os ríos baixo vixilancia en Galicia ante o risco de desbordamento

A Xunta de Galicia mantén activo o Plan Inungal co fin de monitorar o nivel dos ríos posto que os caudais son elevados e poden producirse desbordamentos puntuais nos seus cursos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2023 | Actualizada ás 17:52

Comparte esta noticia

Os ríos galegos que permanecen baixo vixilancia por risco de desbordamento debido ás precipitacións caídas nas últimas semanas que se acumulan soben a dez en Galicia, segundo a última actualización.

De feito, a Xunta de Galicia mantén activo o Plan Inungal co fin de monitorar o nivel dos ríos posto que os caudais son elevados e poden producirse desbordamentos puntuais nos seus cursos.

Concretamente, agora mesmo están no limiar de seguimento: Rego das Mestas (Valdoviño), Mera (Ortigueira), Mandeo (Aranga), Mendo (Betanzos), Mero (Betanzos), Dubra-Tambre (Val do Dubra), Oitavén (Soutomaior), Labrada (Fraga), Ladra (Begonte) e o Avia (Ribadavia).

Neste contexto, é importante que a poboación adopte medidas de autoprotección que contribúan a garantir a súa seguridade.

O río Tambre, desbordado ao seu paso polo concello de Oroso, na Coruña / César Arxina - Europa Press. / Europa Press
O río Tambre, desbordado ao seu paso polo concello de Oroso, na Coruña / César Arxina - Europa Press. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta