Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2023 | Actualizada ás 09:59
Un total de nove ríos permanecen baixo vixilancia por desbordamento debido ás precipitacións acumuladas nos últimos días, pero esta listaxe cambiou e deixan de preocupar o Labrada (Fraga), Ladra (Begonte) e o Avia (Ribadavia).
Actualmente, segundo o último parte actualizado ás 20,54 horas do martes, atópanse baixo viligancia do Plan Inungal da Xunta, que monotoriza a situación, os seguintes ríos: Rego das Mestas (Valdoviño), Mera (Ortigueira), Mandeo (Aranga), Mendo (Betanzos), Mero (Betanzos), Furelos (Santiso) --novo--, Dubra-Tambre (Val do Dubra), Oitavén (Soutomaior) e Miñor (Gondomar) --novo--.
A Xunta de Galicia mantén activo o Plan Inungal co fin de monitorar o nivel dos ríos posto que os caudais son elevados e poden producirse desbordamentos puntuais nos seus cursos. Neste contexto, é importante que a poboación adopte medidas de autoprotección que contribúan a garantir a súa seguridade.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.